A Casa 2

Bo Camiño Melide son 2 casiñas que se atopan na parte con máis encanto da Ruta Xacobea, ó seu paso pola vila coruñesa de Melide. Ideais para reservas de grupos de peregrinos, cada casa ten acceso independente e conta con espazo suficiente para acomodar a 6 hóspedes. As casiñas de Bo Camiño Melide poden alugarse por separado ou xuntas, no caso de grupos de ata 12 persoas.

3 dormitorios. A casa conta con 3 dormitorios totalmente equipados con roupa de cama. Os 2 dormitorios dobres atópanse na planta superior. O terceiro está na planta baixa e consta de 2 camas individuais.

Salón – Cociña. A planta baixa dispón dun salón con cociña integrada con tódolos utensilios e electrodomésticos para comer no aloxamento. O salón ofrece unha zona de descanso con sofás e televisión.

1 baño e 1 aseo. A planta superior ofrece un baño completo con ducha, equipado con toallas e artigos de aseo. Na planta baixa disponse dun aseo simple e dun cuarto de lavandería con lavadora e espazo para tender.

Co apoio de

Nº de licenza VUT-CO-005231 / Nº de rexistro de alugueiro: ESFCTU000015001001134017000000000000000VUT-CO-0052318.