Galego

Bo Camiño Melide

O teu descanso no Camiño de Santiago

Benvidos ás casas de Bo Camiño Melide. Ofrecémosche 2 casiñas con encanto e totalmente reformadas no Camiño de Santiago, ó seu paso polo centro histórico da vila galega de Melide. Ideais para grupos de 6 ou 12 persoas, permiten un illamento completo para descansar con seguridade despois dunha dura xornada nunha das últimas etapas do Camiño Francés, a só 50 km de Santiago de Compostela.